Tae Kwon-Do no Concello de As Pontes

Redacción

Durante o pasado sábado día 31 de outubro a Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan, de Vilalba, organizou en As Pontes de García Rodríguez dúas importantes actividades nas que se deron cita mais de 300 deportistas: a Competición Moo Duk Kwan e o Campionato Internacional de Técnica "Concello de As Pontes".

No que foi a sesión da mañán tivo lugar a primeira delas, a liga de Competición Moo Duk Kwan, na que participaron varias escolas de Tae Kwon-Do xunto con deportistas tanto infantís como adultos. Esta actividade levase a cabo até o mes de Xuño do 2010 e o seu principal labor é axudar á formación de deportistas na faceta do combate marcial.

Xa na sesión de tarde disputouse o Campionato Internacional de Técnica "Concello As Pontes" no que participaron 230 deportistas vidos de Galicia e Portugal.

A clasificación xeral infantil ao remate desta actividade foi a seguinte:
  • 1º Academia Tigre Branco (Valongo-Portugal)
  • 2º Escola de Tae Kwon-Do Olimpia (Carballino- Ourense)
  • 3º Escola de Tae Kwon-Do Ventorrillo ( A Coruña)

No tocante á clasificación xeral de adultos temos:
  • 1º Escola Tae Kwon-Do Atlántico ( Gaia- Portugal)
  • 2º Escola de Tae Kwon-Do Taepar ( Santiago)
  • 3º Escola de Tae Kwon-Do Olimpia (Carballino- Ourense)

Os deportistas pertencentes á Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan mellor clasificados foron, segundo as categorías:
  • OURO:David Montes Vázquez, Vitoria Montes Vázquez, Maria José Osorio Alvariño.
  • PRATA: Janice López Castelo, David Ansede Carballeira, Tamara Pérez Pérez, Brais Trindade Fernández.
  • BRONCE: Carlos William Bolaño Belo, Naim García Hermida, Juan José Barja Graña.

No transcurso das dúas actividades recadáronse fondos que irán destinados á ONG "O Sorriso de África" que escolariza a nenos en Gambia.

2 de nov. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión