Cara onde vas, Chile?


Moncho Paz

O resultado das eleccións chilenas do pasado domingo é a confirmación definitiva de que o ser humano é de memoria feble. A limpeza coa que se desenvolveu o proceso electoral outorgou a vitoria á dereita liderada polo empresario liberal Sebastián Piñera, de Coalición por el Cambio, un triunfo que sería matematicamente imposible de non contar cos apoios de Lavin e os sectores da ultradereita que representan o post-pinochetismo. Os militares e antigos membros da DINA pendentes de procesos xudiciais aínda deben estar de festa cando escribo estas liñas.

O fracaso da Concertación progresista, que gobernou o país andino durante os últimos vinte anos, ademais de estar producido pola crise económica, débese á falla de renovación dos seus líderes. Se Michelle Bachelet non podía presentarse por esgotar mandato, por que non buscaron outras caras? Ninguén dubida do que simbolizaron no seu día Ricardo Lagos e Eduardo Frei, o candidato perdedor, pero ata os seus seguidores sabían que agora non era unha alternativa real de futuro.

A esquerda vaise de novo sen aprender a lección: demasiados protagonismos e autocompracencia. Hai pouco máis dun mes tiña lugar o enterro oficial de Víctor Jara, torturado e asasinado polos militares de Pinochet en 1973. Gustaríame coñecer a súa opinión ante semellante panorama.

19 de xan. de 2010

7 comentários :

  • A alternancia é o que fai grande a democracia.
    Parabens ao pobo chileno por unhas eleccións modélicas.

    19 de xaneiro de 2010, 16:48

  • A memoria esqueceu o retroceso e o asasinato de miles de persoas, moitas que non se sabe delas.
    O ser humano parece non ter conciencia do pasado ainda que este fora tan duro como en Chile, onde Pinochet fixo e desfixo ao seu antollo engadido as mortes que autorizou dun xeito ou outro.
    A alternancia claro que é boa...dependendo do sistema, xa que hai moitos fallos, poño por exemplo o Estado Español, este vai ser se queira ou non gobernado só por dous partidos, tarden máis ou menos o PSOE e o PP son os que inexorable e unicamente van gobernar o Estado, agás unha debacle.
    Así pois, ainda que é unha democracia, a é só para os dous grandes partidos.Só no caso de non ter maioria absoluta, se enriqueze a Democracia cós partidos perifericos.
    Creo que este sistema non é dos millores posibles e menos o sistema de votacións que perpetua a PP e PSOE, e estes en determinadas cuestións que afectan a pluralidade do Estado teñen a mesma visión, coa cal quedan recortadas as mesmas.Tarden máis ou menos repetimos os Gobernos.

    FENDETESTAS

    21 de xaneiro de 2010, 13:04

  • Que sistema proporias ti Fendetestas?

    21 de xaneiro de 2010, 16:58

  • Estimado Anónimo, o sistema que proporía eu para polo en práctica teríanse que trocar as Leis Electorais actuais.
    Para que a diversidade ideolóxica existente no Estado estivera representada poño por caso no Parlamento de Madrid, a circunscripción electoral tería que ser por comunidades e aplicar o sistema proporcional no lugar do sistema actual que favorece sempre aos dous grandes partidos, IU ten 2 representantes con un millón de votos, cousa ilóxica.Teriase que garantir a proporcionalidade non polo sistema de poboación que fai desequilibrar a representación.Así, por poñer un exemplo, Madrid ten máis representación en deputados que o conxunto de Galiza e polo tanto o peso político Galego non influie o necesario para que señamos máis decisivos.Mesmo no Goberno Galego o peso de Lugo e Ourense é moi inferior ao de A Coruña e Pontevedra, e podemos comprobar en carne propia que estamos menos desenrolados.
    Non debe ser que a emigración ausente de Galicia ou do Estado, seña decisiva como o ten sido para conformar Gobernos aos que estamos eiquí, e pola contra non poidan votar electores Galegos en Barcelona nas eleccións Galegas.
    Habería que estudar unha forma máis representativa, que prime ás zonas máis desfavorecidas

    FENDETESTAS

    23 de xaneiro de 2010, 14:05

  • Unha persoa un voto, asi de simple, nin comunidades nin provincias nin hostias.

    24 de xaneiro de 2010, 12:01

  • Como xa vexo o pouco politicamente correcto, claro que sí, unha persoa un voto, pero cadaquén no seu sitio, ou queres votar tí en Madrid, ou en Andalucia?.Cantas veces queres votar.A tí xa te coñezo eu.E non me molestes máis si tes as cousas tan claras...ou parece.

    FENDETESTAS.

    25 de xaneiro de 2010, 10:29

  • O pensar distinto a ti vese que che vai coller nervos.
    Por certo iste non é teu espazo persoal, polo que si te molestas é por que queres.

    26 de xaneiro de 2010, 10:31

Danos a túa opinión