Supoñamos...


Antón Baamonde

Supoñamos que a convocatoria de hoxe fai recuar ao PP e que se reinstaura o consenso -que os tres grandes partidos acadan unha nova fórmula satisfactoria- entón habería que ir más aló do debate sobre a legalidade e entender que o ensino non é máis que unha parte moi limitada do asunto.

Sería necesario que a enerxía que se desatou no último ano fora aproveitada.

Son posible dúas cousas simultáneas: gañar a presente batalla política e, ao tempo, que o galego siga perdendo falantes.

A reflexión sobre a perda de falantes debería favorecer a busca do consenso, pero, máis aló e mirando máis lonxe, as xentes de todo tipo que queren ao seu idioma e desexan que perdure deberían pensar proactivamente, non só reactivamente.

Habería que imaxinar que medidas, actitudes, empresas poden darlle, en efecto, mil primaveras máis ao idioma e cales outras son un atranco.

Medios de comunicación, escolas concertadas e privadas, desenvolvemento dunha cultura xuvenil e urbana en galego, iniciativas de barrio, papel dos concellos -coa súa influencia sobre certas capas como pequenos empresarios, comerciantes, etc-. Os modos de gañar prestixio, recuperar falantes, evitar o ghetto son moitos, e moi pouco practicados.

Batallas como a a de hoxe galvanizan, unifican e crean polos de referencia. Pero non podemos pensar que os decretos -tampouco os aceptables- van a funcionar como un ensalmo máxico.

Hai que reflexionar.

21 de xan. de 2010

4 comentários :

  • Aproveito para felicitar a Antón Baamonde pola súa magnífica reflexión acerca da lingua galega, pero tamén quixera pedir en nome da liberdade que se retirase o busto de Fraga Iribarne da Alameda de Vilalba, por entender que é un símbolo do franquismo. Esa estatua foi inaugurada en 1970, en honra aos seus servizos ao antigo Réxime e cando este estaba aínda en pe.

    21 de xaneiro de 2010, 13:48

  • Ese é o camiño que hai que seguir para a dignificación do Galego e máis a asunción do SENTIR en Galego.
    Na medida en que se impliquen todos os sectores sociais có Galego, así partiremos con un rumbo claro cara a Autoestima perdida de boa parte da nosa sociedade, máis ainda estamos a tempo de recuperar o perdido e sobrancealo, sempre có respeto debido aos reacios, e convencendo con intelixencia e didacticamente.
    A respecto do anónimo anterior sobre a idea do busto de Fraga, efectivamente que así debera ser a pesares da democratización de Fraga, astuto e camaleónico onde os haxa.

    FENDETESTAS.

    23 de xaneiro de 2010, 14:18

  • O do busto, ufff... Creo que antes terían que pasar moitas cousas en Fragalba para que isto se prantexe de verdade. Cónstame que, non hai moito tempo, se barallou incluso a idea de poñerlle unha estatua de corpo enteiro, e había algún proxecto dun escultor dos madriles. Non sei si siguen coa teima.
    A cousa é que, de momento, unha maioría do pobo inda idolatra a este homiño así que o teremos de busto, na "ciudad cultural" e máis no auditorio a través da muller, por moito tempo. Sonvos as cousas da democracia.
    O que xa tarda, ignorando a lei da memoria, son os cambios das rúas Novo Cazón, alcalde franquista, Fraga Bello, idem nas dictaduras de Primo de Rivera pai e Paquiño o Ferrolán, Nevado Bouza, militar sublevado en 1936, Luís Valdesuso, falangista "caídopordiosyporespaña" e Basanta Silva, politicucho "del régimen".
    Pero dudo que esta dereita que está agora tan crispada cambie estas cousas, pois que ao final son sinais que revelan as súas verdadeiras querencias.

    VLADIMIRO

    24 de xaneiro de 2010, 09:53

  • E os que faltan, coroneis, cregos, pepes, e outras veleidades.
    Coincido con VLADIMIR en que non o veran os meus ollos.

    FENDETESTAS

    25 de xaneiro de 2010, 10:37

Danos a túa opinión