Aínda que esta expresión pode ter unha certa connotación erótico-sexual, nesta ocasión calquera parecido coa realidade é mera coincidencia. Así definían a semana pasada fontes de Génova 13 o encontro mantido entre o xa ex-presidente popular en Ourense e o xefe supremo da galaxia “pepera”, Mariano Rajoy.
Non deixa de ser curioso que a maioría das entrevistas ou solucións de última hora sexan case sempre “breves e intensas”, especialmente cando un dos protagonistas é o señor Baltar, ou Baltar Senior, como queiran vostedes. Breve, pero intensa, tamén fora aquela reunión nocturna en Monte Pío, onde Baltar e o desaparecido Xosé Cuíña lembraran ao “león de Vilalba” que aínda tiña pendente con eles unha débeda de 1990, cando solucionaron a crise aberta por Victorino Núñez e os Centristas de Galicia.
Como profesional do xornalismo, hei de recoñecer que estaría encantado de presenciar un deses encontros “breves e intensos”, para levantar acta e poñer luz e taquígrafos, sendo testemuña impertinente dunha escea chea de caras de circunstancias. Do que si estou seguro é de que Rajoy non falou galego na intimidade con Baltar, agás que tivera que soltar algún improperio. Dalgún xeito, o pasado sábado mandárono outra vez ao poleiro. Quizais sexa bo momento para que faga un curso intensivo en A Galiña Azul.

0 comentários :
Danos a túa opinión