Onte disputouse en Guitiriz o partido de fútbol sala amigábel entre a selección galega e Libia, actual selección campioa de África. O encontro contou co aliciente de que a selección africana está actualmente dirixida polo galego Pablo Prieto (ata o ano pasado director deportivo do Azkar Lugo). O delegado de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, acudiu a presenciar o encontro ao pavillón municipal de Guitiriz, que rexistrou unha notábel entrada de afeccionados para seguir o partido internacional entre Galiza e Libia. O encontro mantivo a tensión ata o último segundo.
Antonio Veiga afirmou que “a creación das seleccións galegas foi todo un logro deportivo acadado hai anos froito das constantes reivindicacións sociais por parte dos clubs, xogadores e xogadoras e seareiros e seareiras”. Por este motivo, Veiga ratificou que “é importante, nestes momentos nos que estes combinados perden apoios institucionais -diante da negativa da Xunta de Galiza de Feijóo a apoiar os encontros das seleccións galegas-, pular para que Galiza siga contando con seleccións deportivas nacionais que disputen encontros deste tipo”.

Said
"O encontro mantivo a tensión ata o último segundo". Si, pero como caralho quedaron?
Said
Para o anónimo anterior: Gañou Galicia 5-4.
Sds.