Redacción. -
O Insttuto de Estudos Chairegos e Nova Poseía Guitrica organizan a presentación do libro BEN SABE O MAR QUE POSÚO O BOTÍN DAS PIRATAS, de LUZ CAMPELLO, editado pola EDITORIAL GALAXIA. O acto terá lugar o vindeiro VENRES 14 de ABRIL de 2023, ás 20:00 H., na CASA DA CULTURA DE VILALBA, e contará coa presenza da autora do libro, LUZ CAMPELLO; con PILAR MASEDA e LUZ AIRADO, poetas da NPG, e con MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA. O poemario BEN SABE O MAR QUE POSÚO O BOTÍN DAS PIRATAS está editado na colección Dombate da Editorial Galaxia sendo o terceiro de Luz Campello despois de "Do corazón da terra"(Xermolos) e "O inventario do prohibido" (Espiral Maior). BEN SABE O MAR QUE POSUO O BOTIN DAS PIRATAS está a ser un éxito de ventas e crítca ademais de terse apresentado con grande afuencia de público nas localidades de A Coruña, Guitriz, Ferrol, Compostela e Lugo. Despois desta presentación en Vilalba, seguirán nas próximas semanas as de Ourense, Pontevedra, Vigo e outras localidades. LUZ CAMPELLO GARCÍA (1966). Naceu en A Granxa Vella, Labrada, Guitriz. Estudos: Traballo social por Universidade Complutense de Madrid e Universidade da Coruña. Ocupación: Traballadora social e escritora. É reponsable de Traballo Social no complexo hospitalario do CHUAC, sendo unha referencia polo seu compromisso feminista, que reficte tamén na súa poesía, musicada en diversas ocasións por cantautores como Sandra Tenreiro ou Sonia Levedinski. Iniciouse na poesía a través de certames da AC Xermolos de Guitriz, foi premiada no Certame Rosalía de Castro en Euskadi e tamén foi unha das fundadoras do colectvo Nova Poesía Guitrica. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.
0 comentários :
Danos a túa opinión