Manifestación en prol do galego o 17 de maio

Redacción

A comisión promotora de ensino Galiza co Galego, convida aos asinantes do seu movemento (máis de 1670) a participar na manifestación que en prol da lingua galega farase en Santiago de Compostela o vindeiro 17 de maio baixo o lema “O Galego, o noso existir” convocada polo movemento cidadán “queremos galego”.

A Comisión Galiza co Galego entende que esta mobilización cidadá debe robustecer a defensa do ensino en galego, e concienciar da necesidade de facer valer os dereitos da cidadanía á educación con independencia dos gobernantes.

A Comisión Galiza co Galego tamén participará na manifestación para promover a idea da creación dunha rede de ensino en galego e laico, construída en base ás achegas de milleiros de cidadáns, para así garantir o dereito á educación da nosa infancia.

9 de maio de 2010

0 comentários :

Danos a túa opinión