Despois de 'Vieiros', agora 'Chuza!'

Redacción

Para todos os que formamos parte da activa web galega, novas como o peche de Vieiros ou de "Chuza!" non deixan de ser malas. Pero os peores agoiros cumpríronse. Tal como fora anunciado "chuza!", o portal participativo galego, pechou as súas portas o domingo 25 de xullo de 2010 ás 23:59 logo de máis de 4 anos de funcionamento. Para todos os usuarios, visitantes ou calquera con curiosidade polo seu futuro os responsables deixaron na web unha información que pretende ser de utilidade.

Nas derradeiras horas antes do peche houbo dúas propostas por parte de varios membros da comunidade. A primeira consistía en mudarse á rede social de novas portuguesa DoMelhor, e aló foron varios usuarios e xa teñen actividade no sitio. A outra proposta xurdiu por parte doutro grupo de usuarios que suxerían darlle continuidade ao proxecto creando un novo chuza xestionado pola comunidade. Neste sentido, e para organizarse, as propostas foron dúas páxinas: a plataforma de crowdsourcing Galegolab que de momento está moi incompleta á falta de máis definición; un grupo en Google Groups como método de comunicación entre a xente interesada en continuar co proxecto

Segundo os responsables de "Chuza!" nos vindeiros dias anunciarase a apertura do arquivo estático de chuza para a súa consulta online. Calquera novidade a maiores será anunciada nas seguintes páxinas que polo momento siguen funcionado: a wiki de chuza, a conta de twitter @chuza e o grupo de Facebook.

Para analizalo peche destas dúas plataformas senlleiras, pódense estudar varias opcións: a crise económica, os motivos persoais... Con todo, a situación non debe facernos esquecer a necesidade de pór sobre a mesa un necesario debate sobre a viabilidade de medios independentes na nosa lingua en Internet.

28 de xul. de 2010

1 comentários :

  • Bos días,

    Póñome en contacto con vosco xa que fai pouco tempo fixen un foro enfocado para xóves de Galicia (independientemente de que sexan galegofalantes ou non). É un proxecto no que teño ilusión pero son consciente da dificultade de acadar o éxito. O meu soño é que sexa un verdadeiro punto de reunión dos xoves internautas galegos.

    Aínda que de momento non preciso apoio económico, o que sí gustaríame saber é si poderíades mencionalo de pasada, ou facer algunha pequena reseña. Un enlace na sua web xa seríame moi útil.

    A dirección do foro é http://www.quecarallo.net

    Un saúdo, Yago Varela

    2 de outubro de 2010, 17:58

Danos a túa opinión