V Ciclo Escritores na Universidade

Redacción.-

O V Ciclo de mesas redondas Escritores/as na Universidade, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Facultade de Tradución de Vigo, continúa hoxe xoves 4 de novembro a partir das 12,00 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, coa participación de Lara Bacelo e María Lado na mesa redonda Novas artes literarias? O vídeo poema, na que se realizarán proxeccións comentadas de vídeopoemas realizados polas autoras para tratar as posibilidades expresivas fornecidas polas novas tecnoloxías e o seu rendemento práctico en relación coa difusión da poesía. A presentación do acto corre a cargo de Manuel Forcadela.

4 de nov. de 2010

0 comentários :

Danos a túa opinión