V Encontro de Escritores/as Novos/as

Redacción

O sábado 6 de novembro, no Palacio de Exposicións Kiosko Alfonso da Coruña, terá lugar o V Encontro de Escritores/as Novos/as ante vellas preocupacións, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, co patrocinio do Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO), a Deputación da Coruña e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

O encontro ten como obxectivo crear un espazo para que os autores/as mozos/as teñan a posibilidade de debater sobre os seus proxectos e expectativas e valorar os camiños que está seguindo a súa produción literaria.

As sesións darán comezo ás 10,00 horas do sábado 6 de novembro cunha mesa redonda titulada Que ten a poesía que ninguén a le pero todos a precisamos, coordinada por Antía Otero, na que participarán Celso Fernández Sanmartín, Óliver Laxe e Álvaro Negro.

Seguidamente, ás 12,00 horas, Francisco Castro coordinará a mesa redonda Pero tan importantes son os premios literarios?, con Leticia Costas, Olalla Cociña e Lucía Novas.

A derradeira mesa redonda, ás 17,00 horas, analizará a problemática da literatura galega de hoxe ante o seu idioma, con intervencións de María Lado, Olalla Tuñas e Xosé Daniel Costas, coordinados por Marta Dacosta.

O V Encontro de Escritores/as Novos/as finalizará cun recital que dará comezo ás 19,00 horas.

5 de nov. de 2010

0 comentários :

Danos a túa opinión