As Fragas do Eume

Fermín Bouza.-

Cheguei a Galicia e avanzaba cara a Pontedeume entre o fume das Fragas do Eume ardendo. Hai anos que se expuxo esta eventualidade e non creo que se fixera nada, é máis: encheuse o rio de refugallos das Pontes (lignitos) e outras cousas diversas. Desapareceron os reos exquisitos que Franco ía pescar. Até hoxe mesmo aínda había algo parecido a un extraordinario espazo natural que nos devolvía directamente á Idade Media e os seus bosques e mosteiros, os seus ríos, os seus peixes, o seu silenzo e a súa música. Extraordinario. Un espazo así precisa dun investimento notable para conservarse. Ese investimento non é difícil de recuperar: acoden miles de visitantes todos os anos. Parte das fragas son privadas. Só un esforzo autóctono podería salvalas e restauralas. Non é doado. É un sinal próximo e táctil do fin dos tempos. Falta o profeta: aparecerá dun día para outro, finalmente é un posto de traballo.

2 de abr. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión