Máis seráns do TAC


Redacción.-

O TAC iniciou a súa andadura en Marzo de 2010 na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela coa obra de Mauricio Kagel Eine Brise, para 111 ciclistas facendo música. Quixo reivindicar dende un principio, por un lado a cercanía que a música contemporánea pode ter para calquera tipo de público, e por outro a posibilidade de facer concertos introducindo novos elementos. En Xuño do mesmo ano colocou un piano de cola no faro de Fisterra para interpetar íntegramente a obra de Satie Vexations, 18 horas de piano ininterrumpidas. Nesta ocasión contouse coa colaboración de 27 pianistas. Paralelamente a este tipo de repertorio, abordou no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) un ciclo de seis concertos adicados á música de compositores galegos escritas para diversas formación de ensemble. Xa en 2011 continúa no CGAC cun ciclo de tres concertos que tratará de achegar ao público unha pequeña mostra do repertorio que se fixo fóra das nosas fronteiras dende mediados do século XX até a actualidade. Escolléronse obras de Crumb, Schnittke e Berio. En Xullo de 2011 actuaron no Festival Via Stellae có grupo Siniestro Total nun concerto conxunto donde tocaron música da formación viguesa arranxada por Javier López de Guereña para o TAC. Ao longo de 2011 organizaron na Cidade da Cultura o ciclo “Os SERÁNS do TAC” que incluían música contemporánea, humor e gastronomía. O TAC é un grupo estable, de formación aberta e ten como director artístico a Diego García Rodríguez.

CONCERTO 2 “EN TORNO A SCHOENBERG“ 11 de Xuño (luns)
Director: Diego García Rodríguez
Presentador: Julián Hernández
Restaurante: Pepe Solla (San Salvador de Poio, Pontevedra)
Arnold Schoenberg (1874-1951): Pierrot Lunaire (tres veces sete poemas de Pierrot Lunaire, de Albert Giraud).
Soprano: Carmén Gurriarán Gustav Mahler (1860-1911): Lieder eines fahrenden Gesellen (cancións dun compañeiro de viaxe).
Barítono: Josep Miquel Ramón
A figura de Arnold Schönberg dende dúas perspectivas. O Schönberg compositor visto a través dunha obra inspirada no mundo do cabaret berlinés e o Schönberg transcritor visto polo arranxo que fixo deste ciclo de cancións para voz e orquestra de Gustav Mahler. A voz será protagonista. Cando celebramos os cen anos dunha obra cumio da creación do século XX (Pierrot Lunaire),parécenos oportuno levar esta obra ao atril para comprobar que ainda non deixa indiferente a ninguén. Despois do éxito colleitado na pasada edición dos Seráns coa IV Sinfonía de G. Mahler queriamos agasallalos de novo cun dos máis fermosos ciclos de cancións que este irrepetible compositor nos legou.  

Para máis información na web da Cidade da Cultura
Tamén en: 
http://www.tac.gl/ 
http://www.youtube.com/user/tallerac 
http://www.facebook.com/tallerac

8 de xuño de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión