Margarita Ledo, no Paseo dos Soños

Redacción.-

A Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel Maria homenaxean este sábado, 15 de setembro, á creadora Margarita Ledo Andión.

Ás 12 horas, no Muíño do Rañego en Vilalba, celebraráse unha táboa redonda coa participación de María do Carme García Negro, Xosé López García, Xosé Ramón Pousa, Eva Veiga e David Otero.

A continuación inaugurarase o 7º Hectómetro literario, obra do escultor Valdi, no Paseo dos Soños.

Ás 14,30 haberá un xantar de irmandade na Nova Ruta de Vilalba, coa intervención musical de Mini e Mero.

Para máis información ou apuntarse ó xantar, pódese chamar ao teléfono 646413890.

Margarita Ledo Andión, nada en Castro de Rei o 5 de febreiro de 1951, é unha xornalista, escritora e cineasta galega.

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela Filosofía e Letras, carreira que non rematou. Polas súas actividades nacionalistas estivo exiliada en Portugal (1974-1976), onde traballou como lectora de galego na Universidade de Letras de Porto. Titulouse en Xornalismo en Barcelona. Foi directora do semanario A Nosa Terra entre 1977 e 1980 e realizou numerosas investigacións sobre a prensa galega. Foi profesora da Universidade Autónoma de Barcelona (1983-1991) e profesora da Facultade de Ciencias da Información da USC desde 1991, onde exerce como catedrática de comunicación audiovisual. Tamén dirixe o Observatorio do Audiovisual Galego e pertence á Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e á Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM).

En 2004 dirixe a súa primeira longametraxe documental, Santa Liberdade (sobre o secuestro do buque Santa María polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1961, que rebautizaron como Santa Libertade), ao que seguen outros.

En marzo de 2008 é seleccionada para ser membro da Real Academia Galega, e en maio dese mesmo ano recibiu o Premio Nacional de Cine e audiovisual, correspondente ós Premios Nacionais da Cultura Galega.

Ingresou na RAG o 7 de febreiro do 2009.



13 de set. de 2012

0 comentários :

Danos a túa opinión