Fernández Paz Socio de Honra de Gálix 2012
Redaccíón.-
O escritor Agustín Fernández Paz recibirá o nomeamento oficial de Socio de Honra de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) 2012 mañá xoves en Vigo. O ano pasado o premio entregouselle a Xosé Neira Vilas nun acto celebrado na Coruña.
O galardón recoñece a aqueles autores e autoras que teñan destacado especialmente durante a súa traxectoria traballando a prol da Literatura Infantil e Xuvenil galega.
O acto celebrarase o xoves día 18 de outubro, ás 11 da mañá, na Sala de Conferencias do Centro Cultural Novagalicia Banco (antigo Teatro García Barbón) de Vigo.
A xornada terá un momento moi especial pois Agustín Fernández Paz anunciou que vai agasallar aos presentes cun conto inédito.
A compañeira do autor durante moitos anos no ensino público, a orientadora escolar Paz Raña Lama, será quen lea a Laudatio.
Un número moi importante de escolares vigueses, acompañarán ao noso homenaxeado durante esta xornada que esperamos ditosa para el e para toda a Literatura Infantil e Xuvenil galega.
0 comentários :
Danos a túa opinión