Fermín Bouza.-
Os comentarios mediáticos dos tertulianos desas emisoras de televisión e radio próximas ao goberno, ao que defenden cos dentes sen moita información solvente e cunha importante carencia de ética cívica, son, digo, eses comentarios, unha antoloxía de todos os tópicos lendarios do franquismo e do neofanquismo. Os sindicalistas, vagos e estafadores. A esquerda, oportunista. Os funcionarios, uns privilexiados que non pegan golpe. Etcétera, etcétera.
No franquismo todo era máis claro e directo: son comunistas e compañeiros de viaxe os que fan folga. E vagos, por suposto. Entón o de vagos aplicábaselle aos estudantes. Cando mataban a algún era porque era un irresponsable ou se suicidou. Pero no fondo sempre o mesmo: ou loitas polos teus dereitos ou che machucan até o fin dos tempos. Esa é a brutal realidade.
Temos a unha dereita moi crecida que hai xa moitos anos que rompeu o fair play da transición e volveu ao monte. Foi xa ao final do mandato de Felipe González. Aí empezou todo. Despois, cando gañaron, veu a burbulla inmobiliaria propiamente dita. Nós imos pagar os seus pratos rotos.
0 comentários :
Danos a túa opinión