Para que serven as aves?
Redacción.-
O vindeiro 2 de xaneiro as 20:00 h. no C.E.N "Casa das Insuas" ornitólogo coruñes Antonio Sandoval presentará o seu libro "¿Para qué sirven las aves?", un relato coas aves coma protagonistas e onde o autor conta as máis variadas aventuras, a modo de vivencias, da sua dilatada experiencia coma ornitólogo.
Nas súas páxinas percorre os principais espazos de interese ornitolóxico da súa costa coruñesa natal, dende a perspectiva reflexiva e sensible da sua formación naturalista.
Un relato necesario para todos os amantes das aves e os interesados en descubrir o mundo natural que nos rodea.
0 comentários :
Danos a túa opinión