Colaboración entre a AELG e Galiza co Galego

Redacción.-

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e a Asociación Galiza co Galego asinaron un convenio de colaboración. O acto tivo lugar este xoves 14 na sede da Asociación de escritores e escritoras.

Como asociacións coincidentes no obxectivo dunha educación laica, plural, en valores, de calidade e en lingua galega, acordaron que Galiza co Galego difunda as actividades, publicacións e propostas da Asociación de escritores e escritoras e esta última porá os seus recursos á disposición de GcG e participará nas actividades educativas promotoras da cultura e lingua, dentro da Rede de Ensino Popular.

As persoas asociadas de ambas as asociacións beneficiaranse das actividades e das actuacións conxuntas que acorden.

Galiza co Galego anda a sumar recursos para o ensino en galego de xeito que este convenio vén xuntarse aos subscritos coas asociacións pedagóxicas Nova Escola Galega (NEG) e Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).

16 de mar. de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión