PSOE desbota a petición de dimisións


Redacción

No pleno do Concello vilalbés, celebrado o pasado venres día 11, o PSOE presentou unha moción reclamando que para próximas convocatorias para a contratación de persoal do Concello, se convoque unha comisión de emprego para establecer as bases das mesmas, atendendo aos principios de pluralidade, transparencia e igualdade de oportunidades.

A moción foi rexeitada cos votos contrarios do grupo municipal popular.

Máis alá do anunciado días antes en rolda de prensa, os concelleiros socialistas finalmente non pediron a dimisión dos concelleiros Martínez e Bermúdez.

15 de abr. de 2008

11 comentários :

  • Cómo se pode renunciar a pedir a dimisión si é certo o que denunciaron na rolda de prensa? Supoño que chegarían a un acordo co PP para renunciar desa maneira.

    16 de abril de 2008, 13:33

  • eu creo que o primeiro que deberia de facer o grupo socialista é poñerse de acordo entre deles. xa que, ainda que crean que non, nótase ben que, polo menos, hai dous bandos. o de martin e elba, e os outros. por certo, por que sempre se fai o que di o grupo de martin?

    17 de abril de 2008, 08:27

  • Por sentirme aludido tanto por unha información non veraz como por aludir directamente a miña persona por parte dun anónimo gustaríame que se publicaran esta liñas:

    Primeiro me gustaría felicitar os responsables desta publicación polo bó traballo que están a facer por informar e difundir cultura no noso concello a traves da rede.

    Po outro lado, gustaríame unha rectificación por parte dos redactores por asegurar que o grupo socialista non pediu a dimisión dos concelleiros Bermúdez e Martínez, que por certo e sen ánimo de ferir, eu non os vin polo pleno do concello onde se discutiu este tema, ademáis préstome voluntario para amosarvos a acta de dito pleno onde queda demostrado que o grupo socialista sí que pediu a dimisión dos concelleiros como anunciou na rolda de prensa anterior o pleno, ademáis de esa petición xurdiu un debate moi agrio onde o concelleiro Bermúdez chegou a perder os papeis demostrando unha agresividade moi lonxana o desexable na vida democrática. Ademáis recoméndolles a todos, redactores deste xornal dixital e veciños, que asistan ós plenos para logo falar ou escribir sobre eles, e por certo se non asistides, animaríavos a refrendar as informacións con tódalas partes, por parte do grupo socialista, eu e os meus compañeiros estamos dispostos a atender a quen teña a ben preguntar sobre calqueira tema.

    Por último, ese "amigo", que escribe sobre o grupo socialista, debe de ser un pouco malicioso, posto que no grupo socialista funciona a democracía e sen fan as cousas que deciden a maioría dos seus membros, aínda que soen ser todalas decisións por consenso que para iso pertencemos o mesmo grupo, pero falando deste tema en concreto, tódolos mebros do grupo estábamos dacordo segundo se falou nas reunións previas a facer público este asunto e o que diga o contrario minte, polo que desexaría e lle pediría a este personaxe malicioso como membro dese grupo municipal non se inxurie sobre nós sen saber da misa a medias.

    24 de xuño de 2008, 19:50

  • Nota de redacción:
    Acerca do comentario realizado por Martín Seco García sobre esta nova, queremos facer as seguintes puntualizacións:
    avozdevilalba.com veu facendo un seguemento da nova dende a rolda de prensa ofrecida por concelleiros do Grupo Municipal Socialista, onde se anunciou a soliciude de dimisións.
    Posteriormente, a nova completouse coa información fornecida por un asistente ao pleno e contrastouse co texto final da moción presentada polo GMS onde, de feito non se alude a dimisión ningunha.
    Non estabamos no pleno os editores do xornal, pero como sabes esta é unha actividade voluntaria e desinteresada, na que non só participamos nós, senón que estamos abertos a todas as aportacións, que son benvidas, como é o caso deste informante.
    De todos xeitos, redaccion@avozdevilalba.com está ao teu dispor, como ao de calquera, para facernos chegar a información que estimes oportuna, incluída a acta do pleno citado. Se é que, efectivamente, se presentou oficialmente a solicitude de dimisións mediante algunha outra moción (non só de palabra, como aquel famoso "vaiase señor González") non dubides que rectificaremos a información coa mesma relevancia.

    24 de xuño de 2008, 21:07

  • Si se pie a dimisión débese aguantar o tipo e pedila.Outra cousa é que polo que seña, xa que os camiños políticos son como os do señor, se canbiara a opinión.
    O certo é que si a cousa é como se presenta, é de extrema gravedade, incluso eu diría que tiñan que presentar a dimisión os afectados.
    Nós, a opinión püblica, necsitamos que haxa políticos que señan honrados e non só parecelo.

    26 de xuño de 2008, 19:54

  • A forma de pedir a dimisión por parte do Grupo Municipal Socialista foi verbal no pleno onde se discutía sobre esta cuestión.
    Esta forma de pedir a dimisión, directa e concisa, pero feita de xeito verbal, foi pola cal nos decidimos a pedir as responsabilidades, posto que para nós ten o mesmo valor facelo desta forma que incluilo na moción, xa que a petición está feita nun órgano oficial como é un pleno do Concello como demostra o vir contida nunha acta oficial do Concello. Por outra parte queríamos facer una moción que servise o mesmo tempo para que os nosos gobernantes se comprometesen, a partir de ese momento, a facer as cousas limpamente, pero nin de ese xeito o conseguimos. Tampouco o fixeron na posterior comisión de emprego que solicitamos dende o GMS, chegando a decir por parte dos representantes do PP que a oposición molestábamos nos procesos de selección.

    Pido disculpas porque non sabía que houbese ninguén no pleno do voso medio de comunicación, supoño que esta persona que vos informa será doutro medio de comunicación, posto que na rolda de prensa só estaban presentes membros de medios de comunicación da nosa vila. Pensábamos que non acudírades xa que me extrañaba que se estivésedes presentes afirmárades que non pedimos a dimisión tal e como fixemos verbalmente, posto que é como decidimos que íamos a facelo, xa que ninguén de nós dixo que se ía a incluir na moción, o que se dixo e que se ía a pedir a dimisión destes concelleiros tal e como reflexa a acta.

    3 de xullo de 2008, 21:00

  • Martin, Martin..... deixate de milongas e non lle des xiros ao que non ten nada que xirar.Eu non estiven no pleno pero non é o mesmo pedir a dimisión de xeito verbal que por escrito e tí sábelo.
    Ou é que é unha forma de tirar balóns fora.
    É o que ten a política ou te mollas ou non.
    Por certo, cando che den a acta do Pleno, olla a ver si puxeron ou non a dimisión que pediche verbalmente, ou pideu, o GMS.
    Agardo que no caso de non poñer nada, pidas que sí inclúan a petición de DIMISIÓN, e non xustifiques o que non ten que xustificar, que perdes credibilidade.

    4 de xullo de 2008, 11:36

  • Esa copia xa está no poder da redacción deste medio, e non vou a discutir este tema, cun "anónimo que non estivo no pleno" pero se permite levarme a contraria sen ter a información, para nós está clariño e por parte do GMS se pediu a dimisión destes señores ou seña que para min punto e a parte e "non lle demos xiros o que non ten que xirar"

    5 de xullo de 2008, 10:50

  • Perdoa Martin, podo estar desinformado, que non é así, pero Anonimos hai moitos que non estivemos no Pleno, ou só traballas para a galería?, e decir os medios de comunicación?, pois a traveso deles é como nos informamos, ou é que todos os que votamos temos que ir ao Pleno para que o GMS nos informe detalladamente?.
    Decididamente tes "tics" de ordeno e mando e eso non e bon para o GMS.
    Vouno atribuir a que eres novato no Concello, pero atende ao que escribo: TODOS E CADA UN DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL elexidos polo método do voto teñennos que dar explicacións aos votantes o señamos ou non de determinada opción política.
    Coa actitude que fas ver dende logo que non mereces ser representante do pobo, pero repito douche marxen por ser novato.
    En canto as dimisións reitero que non é o mesmo presentar por escrito, que decilo no momento de debatir a mesma.
    Agardo que millores en canto a dirixirte aos votantes, pois tes a OBRIGA de atendelos có debido respeto, aos que votaron por tí e aos que non, e o mesmo para os outros grupos políticos.
    E queda zanxada a cuestión pero non solventada a DIMISIÓN NO XEITO DE PEDILA.O MESMO PARA O PP QUE NON ACTUOU COMO SE ESPERA DOS NOSOS DIRIXENTES E NON INFORMOU DEBIDAMENTE AOS VOTANTES.

    11 de xullo de 2008, 12:37

  • Ti mesmo te contestas co tono que amosas e os agarimos que me dedicas únicamente por dicir que non vou a debatir con quen ten a cara tapada tras un anónimo e que dí que non estivo no pleno. Seguro que non hai algo máis detrás das tuas verbas tan despectivas hacía min, "Ordeno e mando","non merezo ser representante do pobo", caramba ca tua salida simplemente por dicir que non quero debatir cun anónimo pero eu ben sei que algo máis ten que haber, pero perdoa que non volva a contestar neste tema os teus comentarios, que non che pareza mal, se queres me chamas ou me paras pola rúa e falamos do tema como farei de moi boa gana para que saibas que contesto a tódolos veciños, amigos ou non, votantes nosos ou non.

    18 de xullo de 2008, 12:52

  • Vaia, xa pensei que non respostabas.Eu non son unha persoa pública, e ademáis teño todo o dereito a opinar e non me identificar, polas razóns que señan.
    Dito o anterior, que quede claro que eu teño a opinión que teño, (política e non persoal).
    Insisto no tema das dimisóns, que é o que me importa, en que o PSOE ou o GMS ou tí, teriades que pedir a dimisión por escrito e non verbalmente, para min e coido que para tí tamén, non é o mesmo.
    Agardo que non contestes, que xa está ben e claro a postura do GMS e a miña.Saúdos,

    18 de xullo de 2008, 19:42

Danos a túa opinión