Méndez Ferrín leva o Otero Pedrayo

Redacción.-

O premio Otero Pedrao, que conceden dende 1977 as deputacións galegas co apoio da Xunta, foi este ano para Xosé Luís Méndez Ferrín. O xurado do galardón facía público onte público en Ourense o seu ditame, polo que recoñecen a traxectoria literaria do autor. A proposta de Ferrín para o galardón xurdiu de Manuel Baldar, presidente da Deputación de Ourense, sinalando que a vida ferrín está "ateigada de renuncias persoais e de decisións tomadas mesmo contra a propia estabilidade do seu entorno emocional máis inmediato por mor dun compromiso persoal, intelectual, político e social co seu pobo nuns tempos nos que a loita pola democracia e pola liberdade levaban emparellados tantos custes persoais".

O xurado estaba composto por representantes da Xunta, das catro deputacións, das tres universidades, un representante da RAG, outro do Instituto Padre Sarmiento e cinco persoas independentes designadas pola Xunta.

19 de mar. de 2013

0 comentários :

Danos a túa opinión