Redacción.-
O deportista da Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan de Vilalba, Gabriel Tembras Corrales, vén de participar no Campionato de España de Pumses na categoría cadete. Trátase dun deportista de tan só once anos que no pasado ano xa se proclamara Campión de España en categoría alevín.
Segundo parece, desde a dirección técnica da Escola Moo Duk Kwan optouse por que accedera a unha categoría superior na que Gabriel conseguiu uns excelentes resultado. Na categoría individual clasificouse en sexto posto, en parellas obtivo, xunto con Lucía Penín, o Subcampeonato de España e na categoría Free Style acadou o Campionato de España.
Agárdase agora a súa participación no Campionato de Europa que se celebra nos días 30 de Abril 1 e 2 de Maio en Alacante. Dentro das competicións a disputar por Gabriel Tembras cómpre mencionar o prestixioso Open de España que tivo lugar nos dias 3/4/5 de Abril e moi probablemente tamén no Campionato de España cadete.
0 comentários :
Danos a túa opinión