Redacción.-
Na tarde do xoves día 4 a plataforma de Afectados polas Preferentes na Terra Cha convocou unha manifestación en Vilalba que tivo unha forte participación. Tivo lugar diante das dúas oficinas de Novagalicia Banco, reclamando a devolución dos aforros dos veciños da Terra Cha que foron enganados cuns produtos que nunca deberon ser posto ao alcance de traballadores e aforradores como foi o caso. Posteriormente a plataforma convocou unha reunión que foi documentada por unha avogada especialista en casos de preferentes, sendo esta a segunda reunión con expertos que se organiza en Vilalba.
É preocupación da Plataforma Terra Cha, non só o mentalizar aos prexudicados na obriga de defender os seus dereitos, senón o facilitar a información que estes poden necesitar para usar as canles adecuadas.
A esta reunión, moi clarificante, acudiron novos afectados, e a plataforma cada día está a crecer máis. A plataforma está a preparar novas actuacións e pensando no xeito de implicar ás institucións que, por ética e por lei, teñen a obriga de defender os dereitos dos veciños.
0 comentários :
Danos a túa opinión