Redacción.- A traxedia ferroviaria que golpeou a toda a sociedade galega tamén se deixou
sentir no mundo do xornalismo. Ademais da mobilización dos xornalistas para cubrir o
accidente, dous profesionais da comunicación atópanse entre as vítimas do
mesmo: Enrique Beotas (finado) e Aníbal C. Malvar (ferido).
Neste senso, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) lembrou cales son os criterios que teñen que primar o tratamento
deste tipo de información, recollidos no Decálogo de recomendacións para medios
e xornalistas de sucesos de catástrofe, e pediu aos medios respecto na difusión
de imaxes de vitimas de familiares.
0 comentários :
Danos a túa opinión