Redacción.- A Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) encárgase de organizar a Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, que este ano acada o seu XX aniversario e que constitúe unha das manifestacións artísticas de luthería máis antigas da península.
Terá lugar
os días 3 e 4 de agosto no marco incomparable do Festival de Pardiñas, en Guitiriz, e nesta edición congrega a trinta artesáns, que amosarán ao público
a sin par riqueza da producción artesanal dos instrumentos que saen dos seus
talleres; esta edición especial estará cargada de novidades e sorpresas.
Durante as xornadas do 3 e 4 de Agosto, no marco incomparable do Festival de Pardiñas, os trinta
artesáns de instrumentos musicais cos que contará a mostra, abrirannos unha
fiestra aos seus obradoiros amosando o seu bo facer.
0 comentários :
Danos a túa opinión