A Xira de Vilalba, romaría global
Achégase agosto e con él as festas do San Ramón en Vilalba, e como preámbulo A Xira, esa fantástica romaría ao pé do río Madalena que xunta nunha multitudinaria convocatoria a milleiros de romeiros da Chaira e de fora nun eteroxeneo convivio de idades, costumes, aficións e gustos.
Esas modernas palabras de interculturalidade, interxeneracional, ou internacionalidade, cobran sentido nesta festa tradicional anarquica ao tempo que perfectamente organizada dun xeito natural e sin conflicto.
Os asistentes definen perfectamente os espazos en función de xeneracións, por idades e tipo de acampada, cos máis vellos ao pé do río en carpas e jaimas entre as que acampan en tendas os máis novos. Nun espazo intermedio, eses nin tan mozos nin tan vellos con espazos para grupos e na fraga a mocedade coa lóxica creatividade tanto nas tendas, verdadeira arquitectura selvática, como nas iniciativas de divertimento.
A Xira, paga apena disfrutala cando menos unha vez e non deixará de sorprender incluso aos máis experimentados en festas de todo tipo. Gastronomía, convivio, creatividade, alegría e espazo natural compartido por milleiros de persoas sen máis reclamo que ese, relacións de amistades para pasar dous días inolvidables fan desta macro festa unha romaría global na que a capital da Chaira se convirte en capital do mundo, que xira arredor do río Madalena.
0 comentários :
Danos a túa opinión