Redacción.- O xornal A Voz de
Vilalba e
o Instituto de Estudos Chairegos acordaron dedicar o vindeiro ano ao escritor
Ramón Chao. Nado en Vilalba en 1935, criouse tocando o piano na fonda dos seus
pais na capital da Terra Chá. Bolseiro polo Concello de Vilalba e pola Deputación de Lugo, trasladouse
a Madrid para estudar piano, harmonía e bacharelato.
De Madrid foise posteriormente a París,
cunha bolsa do Goberno español. Na capital francesa fíxose xornalista, entrando
a traballar en Radio France, onde dirixiu
emisións en galego que serían prohibidas por Franco. Foi nomeado Cabaleiro das
Artes e das Letras polo Goberno de Francia en 1991. Destacou como correspondente
da revista Triunfo, crítico Literario
en Le Monde e polas súas colaboracións
en Le Monde Diplomatique. Publicou
máis de vinte libros, entre novelas e biografías.
Ramón Chao recibiu con moita ledicia no seu domicilio de Sévres, preto de París, a noticia desta iniciativa, e comprometeuse a viaxar a Vilalba para participar nalgún dos actos que se celebren, cuxo calendario está nestes intres en vías de programación.
0 comentários :
Danos a túa opinión