Redacción.-
A Asociación Cultural Xermolos, a Irmandade Manuel María e o Instituto
de Estudos Chairegos presentaron ontevvenres, día 6 de novembro,
ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de
Vilalba, o libro:
CERNA DE CARBALLO, Xosé Manuel Carballo Ferreiro visto
por 200 amigas e amigos.
No acto, que foi presentado polo
presidente do Iescha, Manuel Castro
Santamariña, interviron tamén o
propio Xosé Manuel Carballo, Xulio
Xiz, Alfonso Blanco, María Xosé Lamas,
Xosé Antonio Pombo e Antonio
Domínguez.
Neste libro CERNA DE CARBALLO,
publicado en homenaxe ao crego, ilusionista, profesor e escritor Xosé
Manuel Carballo Ferreiro, participan
duascentas persoas a través de 162
colaboracións, proporcionando unha
ben variada visión da súa vida e obra.
Escritores, xornalistas, profesores, debuxantes, magos, antigos compañeiros, cregos, fregueses, veciños e sobre
todo amigas e amigos expresan a súa
admiración e o seu agarimo pola
persoa e pola súa dedicación aos demais a traveso das súas múltiples facetas vocacionais,
artísticas e persoais.
Esta publicación foi coordinada por Xulio Xiz, e editada pola Asociación cultural XERMOLOS e a
IRMANDADE MANUEL MARÍA DA TERRA CHÁ
0 comentários :
Danos a túa opinión