Redacción.-
Unha posta en escena onde a maxia e a música en forma de MaxicoSons se unen para facer unha aventura entre libros. O espectáculo está dirixido principalemente a nenos e nenas entre os 3 e os 14 anos, adultos e mocidade. Ten unha duración aproximada de 60 minutos. Esta actividade forma parte tamén do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Segundo os autores, maxicosons é:
Un espectáculo con novas maxias e novas composicións musicais con adaptación ós diversos públicos.
A nosa idea é aparecer por arte musical... un músico e un ilusionista aparecerán por arte maxical, máxico e musical.
¿Pódese facer maxia cun instrumento de corda?
¿Pódese facer composicións musicais dunha baralla?
Unha melodía paralela de manipulación de cartas, papeis rotos e recompostos, cordas que se rompen e siguen soando, unhas notas de humor e unha parte moi importante que é a participación dos espectadores.
Unha proposta de recente creación, pero con experiencia nas artes escénicas tanto musicais como no campo da maxia.
Un espectáculo a todo ritmo para entreter e divertir no que o público será partícipe da creación da historia.
Actuacións para maio:
Venres 6. "Maxia & Música con Manuel María". 19:00h. Biblioteca do Concello de Barbadás.
Martes 10. "Maxia & Música con Manuel María". Horario de mañana. Concello de Cambados..
Mércores 11. "Maxia & Música con Manuel María". 19:30h. Biblioteca Municipal. Concello A Coruña.
Xoves 12. "Maxia & Música con Manuel María". Horario de mañana. Concello de Bergondo.
Venres 13. "Maxia & Música con Manuel María". 17:00h. Biblioteca do Concello de Silleda.
Luns 16. "Maxia & Música con Manuel María". 20:00h. Biblioteca do Concello de Ponteareas.
Mércores 18. "Maxia & Música con Manuel María". 18:00h. Biblioteca do Concello de Baiona.
Xoves 19. "Maxia & Música con Manuel María". Horario de tarde. Biblioteca do Concello de Vilalba.
Venres 20. "Maxia & Música con Manuel María". 18:00h. Biblioteca Municipal do Concello de A Coruña.
Sábado 21. "Maxia & Música con Manuel María". Horario de tarde. Auditorio do Concello de Moaña.
Domingo 29. "Maxia & Música con Manuel María". 12:00h. Concello de Castrelo do Miño.
Domingo 29. "Maxia & Música con Manuel María". Horario de tarde. Concello de Cenlle.
0 comentários :
Danos a túa opinión