Blanco Torrado, Fillo Adoptivo de Guitiriz

Redacción.- A corporación municipal de Guitiriz apoiou de xeito unánime a proposta do grupo de goberno socialista para declarar Fillo Adoptivo de Guitiriz a Afonso Blanco Torrado. Os cinco grupos con representación municipal amosaron xa a súa intención de apoiar unha distinción "moi merecida", que tamén estará avalada por máis de medio millón de firmas recollidas en apenas uns días desde o Concello para apoiar o nomeamento.
"O traballo de Afonso por Guitiriz e pola Chaira é público e notorio, ademais de ser unha persoa moi querida por toda a veciñanza", apunta a alcaldesa, Regina Polín, para avalar esta proposta que chega nun ano de homenaxes para o máximo impulsor da asociación Xermolos, ao que lle acaban de dedicar un monólito en Santa Mariña, unha das seis parroquias que leva, e que despois do verán contará co seu propio Hectómetro Literario no Paseo dos Soños de Vilalba.

28 de xul. de 2018

0 comentários :

Danos a túa opinión