Redacción.- O xornalista Fidel Fernán pregoará a Festa da Torta de Millo, que se celebrará mañá domingo no Campo da Feira de Guitiriz. O pregoeiro, que intervirá ás 21 horas, tamén será nomeado embaixador do sopapo de millo, xunto ao profesor guitiricense Manuel Castro Santamariña, ex presidente do Instituto de Estudos Chairegos, e a gaiteira Susana Seivane, cuxo concerto porá o broche de ouro a esta cita gastronómica ideada polo Concello, co apoio da Deputación e dos fabricantes de sopapo de millo de Guitiriz.
A celebración iniciarase ás 11.30 horas cunha exposición de coches antigos, que realizarán un percorrido que enlaza as tres fontes minero-medicinais do Concello.
0 comentários :
Danos a túa opinión