Redacción. -
Desde o 5 de xullo ata o 9 de agosto pódese visitar, na cafetaría Madia Leva de Baamonde (Lugo), unha mostra de pintura do artista natural de Cabana de Bergantiños e residente en Vilalba, Alain Fondo.
Na exposición atópanse obras en acrílico e óleo de diferentes formatos (100x100 cm, 38x46 cm...) sobre paisaxe e retrato.
Na mostra, que leva por título TRAVESÍA, o artista fai referencia a algunhas das súas obras desde o comezo ata hoxe e de como define, ve e sente a pintura actualmente, como un camiño, un traxecto, unha travesía.
As súas pinturas representan motivos reconocibles, locais e doutros lugares como o Faro de Fisterra (A Coruña), amais de retratos tamén reconocibles e particulares.
Malia sentires tamén debilidade pola abstracción, a súa arte é principalmente figurativa sendo o realismo a súa principal identidade, cun tratamento da luz herdado de Monet ou Hopper.
Realiza retratos e traballos e, tanto a súa obra como a súa traxectoria pódense seguir en Facebook e Instagram más contas de Alain Fondo Art.
0 comentários :
Danos a túa opinión