Día da Cultura Chairega


Redacción.-

Como cada mes de setembro, e dende vai xa para quice anos, o Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA, organiza un acto -incluído dentro do convenio suscrito coa Deputación de Lugo- que, coa denominación xenérica de Día da Cultura Chairega, pretende lembrar ao noso gran poeta MANUEL MARÍA, do que se cumpliron, o pasado día 8 de setembro, 15 anos do seu falecemento.
Dende a primeira edición, teñen pasado grupos e cantantes tan senlleiros como Milladoiro, A Quenlla, Vichelocrego, Xarín, Buxos Verdes, Uxía, Os D’Abaixo, A Banda de Musica de Vilalba, A Coral Polifónica Vilalbesa, A Banda da Loba, Os D’Abaixo; proxectado películas coma a do chairego Jorge Coira, “18 Comidas”; realizado recitais poéticos ou dramatizacións de obras de Manuel María; conferencias, mesas redondas, presentacións de libros, etc. Este ano 2019, o Iescha invita a todas as persoas interesadas a asistir ao acto de homenaxe que terá lugar o venres, día 20 de setembro de 2019, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, con entrada totalmente libre e gratuíta.
O PROGRAMA deste ano está conformado da seguinte maneira: -GRAN CONCERTO MUSICAL A CARGO DO GRUPO
HABELAS HAINAS
-ENTREGA DA PLACA DE SOCIO DE HONRA DO IESCHA A
ALFONSO BLANCO TORRADO

Habelas Hainas nace en Compostela en 2010, tempo no que se cruzan os camiños destas catro músicas de raíz galegas, crebacabezas musical e persoal que se sinte parte dunha tradición longa, viva e en permanente transformación, da que xorde a natural necesidade de se expresar, dende unha ollada feminista e social, explorando outras músicas, experimentando coa tradición e creando un son propio, fresco, enérxico e orixinal nunha intensa traxectoria como músicas ao vivo.
- Nominadas polo seu primeiro álbum Livres e Loucas aos Premios da Música Independente na categoría “Mellor Álbum en Galego”.
- Participan no proxecto “Músicas galegas ilustradas” (Laura Romero).
- Estrea do Videoclip “Marmuradoras” realizado por Antía Ameixeiras.
- Participan no proxecto “A música ibérica a gostar dela propia” dirixido por Tiago Pereira.
DÍADACULTURACHAIREGA-NOXVCABODANODOPASAMENTODEMANUELMARÍA.Venres,20desetembrode2019–20:30h.- AuditorioMunicipaldeVilalba
Vilalba,10desetembrode2019. ArturoGómezMato,secretariodoIESCHA
ALFONSO BLANCO TORRADO
NOTA INFORMATIVA
http://estudoschairegos.wix.com/iescha estudoschairegos@gmail.com

DISCOGRAFÍA
-Livres e Loucas (2017)
-Irmandiñas. Músicas en pé de festa. Habelas Hainas/Sacha na Horta/Oíma/The Teta’s Van (2017).
MÚSICAS
Sandra Tamayo: acordeón, gaita, pandeiro cadrado... Patricia Gamallo: gaita, pandeiro cadrado, guitarra... Arantza Alfaia: tamboril, caixón peruano,ferriños,derbuka... Jara Ortiz: voz, bombo, pandeireta, crótalos árabes...
Teñen participado en máis de trescentos concertos ao vivo ao longo de todo o país e noutras latitudes.
xuventude.
Na Asemblea Xeral do Iescha do presente ano 2019, aprobouse por unanimidade outorgar o nomeamento de Socio de Honra do Iescha a Alfonso Blanco Torrado, polo seu inquebrantable compromiso na defensa da cultura galega en xeral e chairega en particular; polo seu desinteresado traballo a prol da convivencia veciñal e da xustiza social; pola súa participación na organización de innumerables eventos de carácter literario, musical, artístico, así como pola súa entrega e axuda aos demais, especialmente á
ALFONSO BLANCO TORRADO.- Crego, mestre, dinamizador cultural, escritor, conferenciante.
Naceu o 15 de marzo de 1950 en Montevideo.
Realizou estudios eclesiásticos en Santiago e na Universidade Pontificia de Salamanca, realizando nas dúas cidades un importante labor no movemento estudiantil. Desde 1976 trabarlla en varias parroquias de Guitiriz, tanto no campo social como cultural. É profesor do IES de Guitiriz. No traballo social temos que salientar a recuperación do Santuario de Nosa Señora de Bascuas, hoxe convertido en Museo de Arte e Cultura Relixiosa Popular. Dirixe as publicacións de Xermolos "Guieiros", Cadernos e Revista Xermolos.
Escribiu en varias publicacións como "Irimia", "Encrucillada", etc. En 1976 funda a Asociación Cultural de Guitiriz, chamada despois "Xermolos", con moitas actividades culturais: Escola de Música Tradicional, Escola de Canteiros, Revista Xermolos, Cadernos de temas etnográficos, Biblioteca Pública Xermolos, etc. Foi o fundador do Festival de Pardiñas (1980), da Feira e Festa da Música e da Arte e dos premios de Guitiriz de Pintura, Escultura e Fotografía. Coordina a Asociación Sociocultural X. M. Díaz Castro e a Fundación Manuel María da Terra Cha.
Recibiu o premio Anxel Fole de Ensaio pola obra Xosé María Castro. A Ascensión dun poeta, o premio IAR de Folclore, o Moncho Valcárcel "pola promoción da Terra" e o Premio Solidariedade 2002, entre outros.
Foi nomeado Fillo Adoptivo de Guitiriz no ano 2018 en recoñecemento ao seu inconmensurable labor de servizo á comunidade.

11 de set. de 2019

0 comentários :

Danos a túa opinión