O Caldo mañá na CM Manuel María
Redacción.-
O grupo de folk vigués CALDO estará mañá, ás 19 hrs, na Casa-Museo Manuel María presentando o seu traballo homónimo. A súa música, apoiada no repertorio tradicional e en creacións propias, ten un son singular froito da súa ligazón con outros contextos musicais.
Os seus membros (Pedro Fariñas, guitarra, María Jorge, violín, e Anaïs Barbier, voz e pandeireta), son músicos de grande experiencia no mundo da música tradicional e noutros estilos musicais como mostran os distintos proxectos en que na actualidade participan SonDeSeu, Dadga, Fiandola, Transilvanians, High Paw… O concerto é de entrada libre até esgotar a capacidade do auditorio mais é necesario reservar entrada en contacto@casamuseomanuelmaria.gal.

0 comentários :
Danos a túa opinión