A cantata que leva por nome As rúas do vento ceibe, como o libro homónimo de Manuel María, será interpretada pola excelente Orquestra de Cámara Galega, fundada hai cáseque vinte e cinco anos polo seu director concertino, e fillo do mestre Groba, Rogelio Groba Otero, composta por músicos galegos formados en diversos conservatorios europeos e cunha bagaxe interpretativa polas máis grandes salas de concertos internacionais. A orquestra será acompañada dun referente musical, o Coro de Cámara de Pamplona/Iruñeko Ganbara Abesbatza, dirixida polo mestre David Gálvez Pintado, e cuxas voces teñen percorrido os grandes festivais do mundo e actuado en escenarios como o Concert Hall e o Metropolitan House de Nova Iorque, Konzerthaus de Viena, o Gran Teatro de la Habana, a Sala Pergola de Florencia, Teatro Colón de Buenos Aires...
A entrada é libre até esgotar as localidades.
0 comentários :
Danos a túa opinión