Manuel París.- Milleiros de cidadáns
asistiron hoxe en Compostela á manifestación convocada pola plataforma SOS
Sanidade Pública, que contou co apoio de moitos colectivos profesionais e
veciñais de toda a Comunidade, así como de todos os partidos da oposición no
Parlamento galego -PSdeG, BNG, Grupo
Común da Esquerda e En Marea- e tamén
dos principais forzas sindicais.
No manifesto de SOS Sanidade Pública indican que “a decisión de supeditar a Atención Primaria ás xerencias hospitalarias, controladas por burócratas aos servizo de Alberto Núñez Feijóo, supuxeron recortes de persoal, orzamentos e equipamentos nos Centros de Saúde”. Por este motivo esixen “poñer no centro do sistema á Atención Primaria” e, por outra banda, denuncian que “se están desmantelando os hospitais comarcais” e saúdan a loita de Verín que demostra que “o pobo cando se une é capaz de vencer o poder”.
Neste sentido critican a actuación da Compañía Radio Televisión de Galicia (CRTVG) “pola súa manipulación” e dan o seu apoio ao colectivo Defende a Galega. Boa proba disto foi que na emisión do Telexornal Mediodía de hoxe a principal noticia referíase ás celebracións de Entroido, deixando a protesta cidadá como noticia de terceira categoría. SOS Sanidade Pública reivindica que a Consellería de Sanidade cese "cos recortes de orzamentos e poña en funcionamento aos hospitais e acaben coa dedicación pública e privada dunha parte do persoal facultativo” coa intención de “reducir as listas de agarda”.

_____________
Foto: Moncho
Paz
0 comentários :
Danos a túa opinión