'María Solinha' o 28 de xullo


Redacción.-

O martes 28 de xullo de 2020, ás 22:30 horas, na Praza daConstitución de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos e a Vicepresidencia-Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Vilalba, e coa loxística da produtora do film, VÍA LÁCTEA, organiza a proxección da película MARÍA SOLINHA, do director IGNACIO VILAR. “Un afamado director chega a Cangas do Morrazo, en Galicia, para reconstruír no teatro a historia de María Solinha, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición no século XVII. A protagonista da obra de teatro vai sufrir, no século XXI, acedos ecos da agresión que sufriu María Solinha no século XVII”.
“Crónica da imparábel enerxía feminina, fronte a tantos dragois que saen das covas, unha e outra vez, para devorar a carne do mundo. O filme fala da intolerancia e da violencia do mundo patriarcal, da represión da carne e da mente. Unha película de conclusións dramáticas pero aberta ao luminoso e a beleza primixenia. Unha historia para vivir unha experiencia”. (Ignacio Vilar)

18 de xul. de 2020

0 comentários :

Danos a túa opinión