Antón de Guizán.-
En primeiro lugar, Alberto, quero parabenizarte pola túa renovada presidencia do goberno da Xunta de Galicia, e como tal aproveito para informarte e consultarche sobre un asunto que sen dúbida tí saberás solucionar.
Son, coma ti, presidente, pero dunha entidade ben máis humilde, a Asociación Socio-Cultural Lareira de soños dos Vilares de Díaz Castro en Guitiriz, colectivo que leva un lustro de vida e que dende a súa criación está traballando no rural en diferentes iniciativas que abranguen o património material e inmaterial, a cultura, e a história. No que atinxe ao património, temos a sorte de contar con unha formidáble igrexa orixinaria do século XII co unha apliación no século XVIII que conta con catro retábulos góticos e neo-clásicos e unhass magníficas pi turas ao fresco do século XVI na nave antiga do templo descubertas en 1991 na realización dunha obras sendo párroco Segundo Pérez, hoxe deán da catedral compostelana. Estes frescos, cuxa autoría atribuen os especialistas aos mestres de Parga e de Nogueira (este último, autor dos frescos da que chaman "Capela Sixtina Galega" en Santa María de Nogueira de Miño), pertencen ao estilo gótico hispano-flamenco e conta coas iconografías da lamentación do cristo morto, o Santiago Matamouros, esceas paisaxísticas e unha pintura única en Galicia, a imposición da Casulla de San Ildefonso.
As pinturas, desprotexidas dende o seu descubrimento hai casi trinta anos, atópanse en sério risco de desaparición polo contínuo deterioro do paso do tempo, os roza.entos, a humidade... feito que levou a que foran incluídas na Lista Roja del Património do estado (https://listarojapatrimonio. org/ficha/frescos-la-iglesia- os-vilares/).
Nestes cinco anos, a nosa asociación ten realizado entrevistas coas diferentes administracións, Concello, Igrexa, Deputación e Xunta, temos realizado campañas de sensibilización coa edición de tripticos informativos, imaxe ide tificativa, spot para as redes sociais e mesmo paneis dentro da igrexa, teñen visitado os frescos técnico e políticos e mesmo unha inciativa na Comisió de Cultura aprobada no Parlamento de Galicia en decembro de 2018 cos votos a favor do teu partido, o resto da oposición e coa única abstención do PSdeG non se fixo efectiva a día de hoxe.
Como segurame te saberás, estimado Presidente, Guitiriz é un concello enclavado no Camiño Norte de Santiago e a salvación destas pinturas supoñerían un importante incentivo nunha parróquia rural que precisa de apoio e un atractivo a engadir á riqueza patrimonial do noso rural. Que saibas que o departamento de património da Xunta ten encargado un proxecto de restauración do que nada sabemos e que unha decisión túa sería fundamental para sacar a cotratación estes traballos e salvar así esta xoia artística da Terra Chá.
Chegados a este punto, QUE TEMOS QUE FACER, ALBERTO?
Sabedores da túa sensibilidade e vontade para poñer en valor o noso rural e o rico património co que contamos, non dubidamos de que saberás entender a nosa vontade de recuperar estas pinturas para o desfrute de todos e que evitaremos que a desidia leve para sempre un valiosísimo legado dos nosos ancestros.
Agardando a mellor das sortes no desempeño do teu traballo como presidente, recebe un sincero saúdo.
0 comentários :
Danos a túa opinión