Glifosato na Demarcación do Miño-Sil

Redacción.-

Ecoloxistas en acción denuncian que a Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil non realiza mostraxes de glifosato nos ríos da súa cunca mentres a Demarcación Galicia Costa, a cunca do norte de Galicia, realiza 116 puntos de mostraxe ou por exemplo as 173 mostraxes realizadas Demarcación do Douro.
Das 116 mostraxes de glifosato realizadas na Demarcación Galicia Costa o 69,9% dan positivo e nalgúns casos con niveis de concentración de glifosato por enriba de 0,1mg.

O glifosato é un herbicida utilizado masivamente en agricultura convencional catalogado pola Axencia Internacional de Investigación do Cancro (IARC) como probable canceríxeno en humanos, e tóxica para os organismos acuáticos, con efectos nocivos duradeiros. Os resultados do estudo mostran a ampla contaminación con glifosato das augas superficiais e a urxencia de prohibir o seu uso

Este informe analiza a presenza de glifosato en só 10 das 17 demarcacións  hidrográficas durante os anos 2017 e 2018, xa que MITECO unicamente dispón de datos sobre o  glifosato de 10 das das 17 demarcacións  hidrográficas españolas, dado que determinados organismos de conca, como a Confederación  Hidrográficas do Miño Sil, non analizan glifosato nas augas da súa competencia. A isto hai que sumar que o  MITECO non ten todas as analíticas realizadas polas autoridades responsables.

Segundo Ecoloxistas en Acción, os datos -que foron proporcionados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) en resposta a unha petición da organización ecoloxista- subliñan as deficiencias da lexislación europea e española. Tamén a necesidade de que as administracións autonómicas e estatais actúen para reducir a contaminación deste praguicida no medio acuático. As analíticas de glifosato realizadas polos organismos de conca durante os anos 2017 e 2018 confirman a elevada presenza nos nosos ríos do herbicida máis vendido no Estado español. Esta é unha das principais conclusións do informe, publicado por Ecoloxistas en Acción. As análises mostran a presenza de  glifosato nas dez demarcacións  hidrográficas nas que se analiza este herbicida tóxico. No 29% das mostras detectouse a presenza de  glifosato por encima do límite de detección. O 21% das mostras analizadas han superado o valor límite de 0,1 microgramos por litro (μg/l) que Ecoloxistas en Acción estableceu como referencia.

Á luz dos resultados do informe Ecoloxitas en acción fan tres recomendacións ao MITECO e ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación: Retirar a autorización á comercialización de produtos fitosanitarios que conteñan glifosato. Redactar normas harmonizadas para a mostraxe e a analítica de praguicidas por parte dos xestores das demarcacións  hidrográficas. Asegurar que a recollida de información sobre presenza de praguicidas sexa máis completa e axustada á realidade e sirva, á súa vez, como punto de partida para protexer os nosos ríos ao medioambiente e ás persoas, da contaminación por glifosato.

25 de xul. de 2020

0 comentários :

Danos a túa opinión