Redacción.-
As condicións sociosanitarias debidas á pandemia pola Covid-19 obrigan a adiar o evento que ía ter lugar o vindeiro sábado día 24, no que a Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos ían erguer un novo hectómetro literario no Río Madalena, adicado ao poeta Miguel Anxo Fernán Vello, ás 12,30, ao pé desta obra do escultor Valdi ía haber varias intervencións literarias e musicais. Debido á situación sanitaria suprimeuse tamén a táboa redonda na Casa da Cultura de Vilalba, na que ían intervir varias e varios poetas chairegos e estudosos da súa obra, que os organizadores agardan poder celebrala na primavera arredor do “Día da poesía”.
0 comentários :
Danos a túa opinión