Redacción.-
O pasado día 2 de outubro faleceu o que foi primeiro director do Colexio Antonio Ínsua, D. José Antonio Varela Veiga.
Todos gardamos unha lembranza agradecida á súa bonhomía, á súa xenerosidade e ao seu apoio a canta iniciativa se levou a cabo naqueles primeiros anos de andaina do centro.
Por iso, os seus antigos alumnos e alumnas queren devolverlle un pouco do que nos deu, mediante unha homenaxe que perpetúe a súa memoria para as xeracións futuras.
Con tal motivo, o vindeiro 26 de decembro, sábado, tense previsto descubrir un monolito conmemorativo nos xardíns do noso colexio, sufragado por todos os antigos alumnos que desexen contribuír mediante unha pequena aportación económica para cubrir os custes do traslado e gravado dunha pedra de granito, que realizará o artesán vilalbés Marcos Ladra. Oportunamente comunicarase o horario deste acto.
Pódese facer a vosa contribución, até o vindeiro día 25 de novembro, na conta Nº ES04 2080 0348 3730 4001 2002 (titular, A.C. A Voz de Vilalba), indicando o voso nome e, no motivo da transferencia, “HOMENAXE A D. JOSÉ ANTONIO VARELA”. A aportación mínima é de 5 €.
En caso de recadarse unha cantidade superior á necesaria doarase a diferenza á biblioteca escolar do centro.
Comisión organizadora: J. Miguel Bermúdez, Chema González Barcia, Paulo Naseiro, Mario Paz, Mª. Luisa Quintela e Pablo Quintela. Colabora Asociación Cultural A Voz de Vilalba
0 comentários :
Danos a túa opinión