Redacción.-
Este ano, debido á situación sanitaria motivada pola pandemia, non se pudieron levar a cabo as Xornadas que desde hai tres anos organizan o Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e o Consello da Cultura Galega.
Todo estaba preparado para esta fin de semana. A temática das mesmas ía ser a lingua e a identidade. Ao final, polos motivos mencionados, houbo que adialas ata que a situación o permita.
Por esa razón, a presidenta, Marisa Barreiro, en representación das tres entidades organizadoras, depositou este sábado pola mañá un ramo de rosas ao pé do monolito, tal como se aprecia na fotografía.
0 comentários :
Danos a túa opinión