Redacción. -
O sábado ás oito Xulio Pardo de Neyra estará en directo polo facebook da Nova Poesia Guitirica NPG para presentarnos o ensaio OS ROSTROS DO FRÍO de Edicións Fervenza. Despois das presentacióbs #DoTrinque de Lareira de soños da Pas Veres (Edicións Fervenza), Poema da Rúa das Aves de Miguel Barrera (Edicións Alvarellos), Pangalaica de Xurxo Souto (Editorial Galaxia), A Guerra era contra nós de Carlos Da Aira, virá tamém un mes de marzo cargado de novidades AO VIVO cada sábado com Os Rostros do Frío do Xulio Pardo de Neyra (Edicións Fervenza), Abril de Luz Darriba (Belagua Edicións), Bambán de vento da Hortensia Bautista Fernández e Aurora Quinteiro (Fundación Eomaia) e Non estamos preparados para medrar da Teresa Rios (Urutau edicións).
Van xa máis de 6000 reproduccións doa videos das presentacións de novidades en febreiro con máis de 200 persoas que as seguiron en directo interactuando cos/as autores/as a través do facebook da Nova Poesia Guitirica NPG.
Unha fórmula alternativa e exitosa para presentar novedades literarias en tempos de pandemia dende a casa.
NPG NON STOP.
0 comentários :
Danos a túa opinión