O proxecto Circo Móbil nace para chegar ás zonas máis devastadas de Gaza e proporcionar a través do circo unha parte do apoio psicolóxico e psicosocial que precisan os nenos e as súas familias.
Para conseguilo, a asociación galega Pallasos en Rebeldía e a escola de circo Gaza Stars veñen de lanzar un crowdfunding para financiar un microbús que leva espectáculos circenses por toda a franxa de Gaza, especialmente en zonas fronteirizas marxinadas e destruídas.
A primeira fase do crowdfunding, onde xa levamos 2.000 euros nunha semana, ten como obxectivo conseguir os 20.000 euros que custa o microbús. Unha vez alcanzada esta primeira parada, continuaremos a financiación para sufragar os gastos da xira, os salarios dos/as artistas e a rodaxe dun documental sobre o Circo Móbil. |
0 comentários :
Danos a túa opinión