IX Festa da afirmación e da identidade

Redacción. -

O vindeiro sábado. as 12, a Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos, coa colaboraciçon do Concello de Meira otganizan coma en todos os comezos de outono esta celebración en Irimia, no nacemento do Pai Miño, coa participación de varios colectivos de todo o país… Acto no que van ler un manifesto a prol da dignidade do noso pobo e de todas e todos os cidadans. E nesta liña van entregarse as “Mans de Irimia”, esculturas do artista meirego Manolo Pardo, que neste ano van honrar, a título póstumo, á escultora Ana Sastre, autora das “Virxes do Camiño”, e ao poeta Xoán Xosé Fernández Abella, encargándose das súas evocacións, Francisco Pardo Teijeiro, do Isntituto de Estudos Ulloáns, e Mero Iglesias, músico e poeta.
 
Xermolos participa tamén o domingo día 26 no plan “Móllate polos Ríos” no que se mergullaron ducias de concellos e asociación, promovendo a conciencia social e o vountariado ambiental, para eliminar o lixo. Este Proxecto Ríos naceu en colaboración co concello. A saída é ás 10 da mañá do domingo día 26 dende o Campo da Feira, onde estarán as e os coordinadores desta actvividade. 

24 de set. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión