Redacción. -
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza un concerto homenaxe a Manuel María a cargo do grupo musical SOL DO FARO BRASS de Chantada, todo elo dentro do programa MUSIQUEANDO convocado e financiado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresidencia Deputación de Lugo. O acto terá lugar o sábado 25 de setembro de 2021, ás 20:00 horas, na entrada da CASA DA CULTURA DE VILALBA, ao carón da escultura de MANUEL MARÍA. No caso de mal tempo, o concerto levaríase a cabo no Auditorio Municipal. Teranse en conta, así mesmo, as medidas sanitarias establecidas nese momento pola COVID-19. SOL DO FARO BRASS A agrupación "Sol Do Faro Brass", pertencente á Asociación Cultural Ateneo Musical de Chantada, nace no seo da Asociación Ateneo Musical de Chantada no verán de 2020 para impulsar a música de rúa no medio rural: as alboradas, os pasarrúas e todos esos actos musico-festivos que a pandemia deixou atras. Está conformada por 7 veteranos músicos da bisbarra de Chantada e arredores e teñen un repertorio variado e animado adaptado ó publico de cada actuación."
0 comentários :
Danos a túa opinión