Guitiriz na XLIII Semana de Cine


Redacción. -
Guitiriz ten na XLIII Semana de Cine de Lugo unha sección na que estarán dous dos traballos audiovisuais máis recentes sobre este concello.

"Entrar aos vilares" o filme documental dirixido por Cibrán Tenreiro e que pertence ao proxecto Lareira de soños e o documental "Cine Tomé, unha raiolada en Guitiriz", creado por Kamy Iglesias e Xosé Antonio Arias, proxectaranse o vindeiro xoves 23 de setembro às 20:00 no salón de actos da Deputación Provincial dentro da XLIII Semana de Cine de Lugo nunha sección do prestixioso certame adicada a Guitiriz.

Ambas as dúas películas foron promovidas desde entidades culturais do concello, a primeira dende a asociación de Os Vilares e a do Cine Tomé dende a A.C. Xermolos e as dúas tentan recuperar anacos da historia recente, a primeira dende unha perspectiva etnográfica (Entrar aos Vilares) e a outra dende a lembranza viva dun pasado aínda presente (Cine Tomé). 

"Entrar aos Vilares" proxectouse en máis de setenta lugares de Galícia e foi finalista na #12MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico e está editada en DVD co libro Lareira de soños de Pastora Veres. "Cine Tomé, unha raiolada en Guitiriz" estreouse no XLI Festival de Pardinhas o pasado ano. 
Os dois filmes fan protagonistas ás xentes do lugar como narradores da súas propias vivencias, construtores e constructoras da historia dun pobo.

Guitiriz terá o vindeiro xoves protagonismo na 'Semana de Cine de Lugo' amosando dous traballos audiovisuais producto do seu dinamismo asociativo e cultural. 

Nas proxeccións estarán participarán os equipos de realización das películas para un colóquio co público.

Reservas (gratuito):

Os Vilares lareira de soños
www.facebook.com/dosvilares

19 de set. de 2021

0 comentários :

Danos a túa opinión