Redacción. -
"Poesía en feminino, mulleres do rural" é o título da antoloxía poética que se presenta este sábado 18 ás 17:30 nos xardíns do Pazo da Marquesa no concello de San Sadurninho.
O libro, editado pola concellaría de Igualdade, é a recompilación dos poemas das catro edicións do Recital de poesía en feminino promovido pola propia concellaría dirixida por Ana B. Gundín e que contou dende o comenzo coa colaboración da NPG Nova Poesía Guitirica. Máis de sesenta poetas pasaron nestes catro anos polo recital, que contou ademáis con interesantes actuacións musicais.
Un interesante traballo que será presentado pola propia concelleira e a poeta Emma Pedreira, autora do prólogo da publicación num acto no que non faltará a poesía, nesta ocasión con una recital de poetas locais, a imaxe con unha exposición da Asociación Alexandre Boveda e a Deputación Provincial “Nós somos elas” e tamén a música.
Desde a NPG Nova Poesía Guitirica sentímonos honradXs por ter contribuído á consolidación do Recital de poesía en feminino que acada a súa quinta edición e também de ter aportado tantos versos para este fermoso libro comprometido co feminismo e as mulleres do rural.
0 comentários :
Danos a túa opinión