Dende este venres, día 8, “Día da Ciencia en Galiza”, e durante un mes Guitiriz vai honrar a Ximena Fernández de la Vega, científica galega do ano, que foi médica do Balneario de Guitiriz, arredor de 1945. Unha grande investigadora na xenética e na hidroloxíam que loitou contra a discriminación da muller na universidade convertendose na primeira licenciada en medicina da Universidade de Santiago. Xermolos leva todo o ano facenco cousas, así un certame sobre a muller na ciencia no que participaron ducias de colexios de toda Galiza que foron agasallados no XLII Festival de Pardiñas. Xa este venres o grupo folclórico Volta do Agro de Lugo (subvencionado pola Deputación) percorrerá as ruas de Guitiriz anunciando un mes de actividades protagonizado polas institucións, centros de ensino, asociacións..., e mesmo reivindicando a apertura do balneario. Xa o luns 18, no Ies Días Castro, Ana Jesús López Díaz, Coordinadora da Asociacion de Mulleres Investigadoras e Tecnologas en Galicia e profesora da Universidade de A Coruña vai falar sobre “As mulleres tamén facemos ciencia. Unha visión dende Galicia”. O día 30, Susana Bayo Besteiro, fisica e investigadora na Facultade de Ciencias de Vigo sobre auga,, medio ambiente e sustentabilidade vai intervir na Casa Habanera de Guitiriz.
0 comentários :
Danos a túa opinión