Redacción. -
Orquestra Pantasma, home orquestra, estará este primeiro sábado de novembro, ás 17 hrs, na Casa-Museo Manuel María para presentar o seu espectáculo A voar.
Esta actividade infantil dirixida para maiores de tres anos baséase no libro-disco “A voar”. Ao son do enerxético ritmo de Cé Orquestra Pantasma, cóntase e cántase a viaxe da pequena xoaniña Xoana, que movida pola curiosidade e o desexo de voar, emprenderá unha longa viaxe que mudará a súa vida.
Trátase dun espectáculo divertido e dinámico deste proxecto musical unipersoal e versátil que leva a cabo César Freiria, músico autodidacta e apaixonado dos intrumentos musicais, que leva percorrido desde 2008 o máis variado panorama festeiro galego e portugués.
Para poder asistir a este espectáculo é necesario reservar previamente (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.
0 comentários :
Danos a túa opinión