Redacción. -
Despois do éxito da bd "A PROBA DE AUGA" de Anémona de Río gañadora no 2019, e de "NEREA, o príncipe da sorte" de Miguel Rojoe Pablo Prado, gañador no 2020. CONCURSO DE BANDA DESEÑADA "O GARAXE HERMÉTICO" dirixido aos alumnos/as e exalumnos/as de O Garaxe Hermético - Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración, promovido por edicións XERAIS e a Escola Profesional de BD de Kiko da Silva, chega a súa 3ª convocatoria.
Para participar tes que estar matriculado en 3º CURSO PROFESIONAL DE BD ou ser exalumno/a titulado no GARAXE HERMÉTICO. Entregar un libro rematado de bd de 48 páxinas mínimo e máximo 72 páxinas, de temática infantil - xuvenil a cor, en lingua galega, antes do 15 de novembro de 2021. O/a gañador/a obterá un contrato profesional e verá publicada a súa obra na colección Merlín Cómics de Edicións Xerais de Galicia.
0 comentários :
Danos a túa opinión