Limpeza nas Ínsuas do Miño

Redacción. -

O próximo domingo día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente cunha xornada de voluntariado de recollida de lixo nas Insuas. Porque actuar a favor do medio ambiente xa non é unha recomendación, é unha necesidade, o seu coidado empeza por cada un de nós con roupa e calzado de traballo e guantes de goma!

A actividade terá lugar o próximo sábado 5 de xuño de 10h a 14h na Casa das Ínsuas en Rábade. É unha actividade de voluntariado gratuíta, pero é preciso inscribirse co formulario que atoparás na web: www.custodiadoterritorio.org/actividades.

Info:  630 94 82 93

31 de maio de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión